Esta vez, aproveitando a experiencia do Blog das Tarefas , inauguramos un blog,
ESTE,
que funcionará do seguinte xeito:
ENTRADAS:
ENTRADAS DA MESTRA. Coas TAREFAS que @s nen@s desenvolverán na veiga ou na escola, e os comentarios sobre o proceso.
ENTRADAS DO ALUMNADO Co resultado da tarefa proposta e o "diario" do traballo na veiga.
¿COMO O FAREMOS? @s nen@s formarán parellas , e segundo a quenda escribirán a entrada correspondente. Para facelo dispoñerán do ordenador e a proxección na pizarra dixital, o que permitirá ao resto da clase participar, aportar ideas ou correxir posteriormente.
¿CANDO? Haberá polo menos, DÚAS entradas á semana:
Unha da mestra e outra d@s nen@s, a partites de hoxe e ata final de curso.
e.....a traballlar!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario