viernes, 30 de abril de 2010

HERBAS



NOEMÍ



LIMPAMOS AS HERBAS





ESCRIBIMOS
  • FABAS
  • LEITUGAS
  • CEBOLAS
  • ERVELLAS
  • ACELGAS
PUXEMOS PEGATINAS NO PLANO DA VEIGA.


REGAMOS.

lunes, 26 de abril de 2010

TAREFA 3

1. FAI ESTE TRABALLO NA VEIGA:


LIMPAR AS HERBAS.


2. ESCRIBE NO CADERNO O NOME DAS PLANTAS DAS IMAXES








3. PREME EN FICHAS

BUSCA FICHA 3 , PREME, IMPRIME E COMPLETA A FICHA.

4. PREME PLANO DA VIEGA

IMPRIME E SUSTITÚE OS NÚMEROS POLO NOME DAS PLANTAS

viernes, 23 de abril de 2010

FABAS


JOSÉ ÁNGEL E IRENE







A PLANTA É A


FABA.

COLLIMOS AS FABAS GRANDES.

HABIA
FABAS
NA
VEIGA DE
ISABEL



SABELA DI:

Tod@s sabían ben que a planta era unha FABA, escribiron o nome e localizárona na veiga, pois dende que tiñan flor seguíamos o medre dos froitos. Recollimos as fabas máis grandes e na escola ordenámolas por tamaños, por grupos, contamos, sumamos e quitamos.... Logo debrullámolas. Probamos o seu sabor crú.
Aprenderon como se imprime unha entrada do blog e cortaron, ordenaron e pegaron as imaxes no caderno.
@s nen@s preguntaron nas casas onde había plantadas fabas para ilas ver pero estaban moi lonxe, polo que só visitamos a veiga de Isabel que está ao carón da escola.
Foise escribindo no caderno.
Esta semana compartimos a Veiga co traballo de ¿Para que les? do Día internacional do Libro.

A entrada escribiuna JOSE ÁNGEL E IRENE


domingo, 18 de abril de 2010

TAREFA 2

1. OBSERVA ESTAS IMAXES:






IMPRIME, CORTA E PÉGAAS NO CADERNO ORDENADAS.


2. COMO SE CHAMA ESTA PLANTA E O SEU FROITO?

3. ESCRIBE O SEU NOME NO TEU CADERNO.

4. LOCALIZA NA VEIGA DA ESCOLA ESTA PLANTA.

5. TEÑEN TODOS OS FROITOS O MESMO TAMAÑO?

6. VISITA OUTRAS VEIGAS NAS QUE TAMÉN CREZAN ESTAS PLANTAS.

7. ESCRIBE NO CADERNO OS LUGARES QUE VISITACHES.

jueves, 15 de abril de 2010

LEITUGAS



SARAY







RIZADAS 6
TROCADERO 21
MARABILLA 7







ESCRIBIMOS NO CADERNO.











PLANTAMOS AS LEITUGAS,




SARAY.


SABELA DI:
Clasificaron as leitugas pola cor e a forma das follas sen dificultade, e logo contáronas. Saber de que variedade era tamén foi doado pois recordaban do ano pasado e consultaron o Blog das leitugas. Escribiron o resultado no Caderno e plantamos as leitugas o xoves.
As tarefas propostas parecéronlles moi doadas.
Saray escribíu esta entrada mentras @s demáis colaboraban con ela na proxección da pizarra dixital. Logo escolleron as fotografías que eu trasladei ao blog.
En CADERNOS DE VIDE publicamos a galería fotográfica do traballo desta semana.

lunes, 12 de abril de 2010

PRIMEIRA TAREFA


TAREFAS DA SEMANA:

1. CLASIFICA AS PLANTAS DE LEITUGA.

2. CONTA CANTAS PLANTAS HAI.

3. AVERIGUA DE QUE VARIEDADE SON.

4. ESCRIBE NO CADERNOS O RESULTADO.

5. PLANTA AS LEITUGAS NA VEIGA.


PODES CONSULTAR NESTE ENLACE:

O BLOG DAS LEITUGAS

martes, 6 de abril de 2010

ISTO QUE É?

A VEIGA DA ESCOLA, un pequeno horto ecolóxico escolar, é o proxecto de traballo que ano tras ano nos ocupa o terceiro trimestre do curso escolar, e do que levamos conta nun diario ou nun blog

Esta vez, aproveitando a experiencia do Blog das Tarefas , inauguramos un blog,
E
STE,
que funcionará do seguinte xeito:


ENTRADAS:

ENTRADAS DA MESTRA. Coas TAREFAS que @s nen@s desenvolverán na veiga ou na escola, e os comentarios sobre o proceso.

ENTRADAS DO ALUMNADO Co resultado da tarefa proposta e o "diario" do traballo na veiga.

¿COMO O FAREMOS? @s nen@s formarán parellas , e segundo a quenda escribirán a entrada correspondente. Para facelo dispoñerán do ordenador e a proxección na pizarra dixital, o que permitirá ao resto da clase participar, aportar ideas ou correxir posteriormente.

¿CANDO?
Haberá polo menos, DÚAS entradas á semana:
Unha da mestra e outra d@s nen@s, a partites de hoxe e ata final de curso.



e.....a traballlar!!!!!