martes, 6 de abril de 2010

ISTO QUE É?

A VEIGA DA ESCOLA, un pequeno horto ecolóxico escolar, é o proxecto de traballo que ano tras ano nos ocupa o terceiro trimestre do curso escolar, e do que levamos conta nun diario ou nun blog

Esta vez, aproveitando a experiencia do Blog das Tarefas , inauguramos un blog,
E
STE,
que funcionará do seguinte xeito:


ENTRADAS:

ENTRADAS DA MESTRA. Coas TAREFAS que @s nen@s desenvolverán na veiga ou na escola, e os comentarios sobre o proceso.

ENTRADAS DO ALUMNADO Co resultado da tarefa proposta e o "diario" do traballo na veiga.

¿COMO O FAREMOS? @s nen@s formarán parellas , e segundo a quenda escribirán a entrada correspondente. Para facelo dispoñerán do ordenador e a proxección na pizarra dixital, o que permitirá ao resto da clase participar, aportar ideas ou correxir posteriormente.

¿CANDO?
Haberá polo menos, DÚAS entradas á semana:
Unha da mestra e outra d@s nen@s, a partites de hoxe e ata final de curso.



e.....a traballlar!!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario