Tod@s sabían ben que a planta era unha FABA, escribiron o nome e localizárona na veiga, pois dende que tiñan flor seguíamos o medre dos froitos. Recollimos as fabas máis grandes e na escola ordenámolas por tamaños, por grupos, contamos, sumamos e quitamos.... Logo debrullámolas. Probamos o seu sabor crú. Aprenderon como se imprime unha entrada do blog e cortaron, ordenaron e pegaron as imaxes no caderno. @s nen@s preguntaron nas casas onde había plantadas fabas para ilas ver pero estaban moi lonxe, polo que só visitamos a veiga de Isabel que está ao carón da escola. Foise escribindo no caderno. Esta semana compartimos a Veiga co traballo de ¿Para que les? do Día internacional do Libro.
SABELA DI: Clasificaron as leitugas pola cor e a forma das follas sen dificultade, e logo contáronas. Saber de que variedade era tamén foi doado pois recordaban do ano pasado e consultaron o Blog das leitugas. Escribiron o resultado no Caderno e plantamos as leitugas o xoves. As tarefas propostas parecéronlles moi doadas. Saray escribíu esta entrada mentras @s demáis colaboraban con ela na proxección da pizarra dixital. Logo escolleron as fotografías que eu trasladei ao blog. En CADERNOS DE VIDE publicamos a galería fotográfica do traballo desta semana.